Mallando no Android é o blogue xurdido a partir da experiencia de Mallando na e-ira. Naceu como espazo no que tratar na nosa lingua, o galego, toda a actualidade que ten a ver con Android, desde novas a análises de terminais e aplicacións, pasando pola cobertura dos principais eventos do sector.
Formamos parte de Mallando no Android:
Coordinador/Editor
Blogue: Blogue de Iago Varela
Twitter: @iagovarela.
Bio: Son un Enxeñeiro de Telecomunicación en potencia nado na primavera do 1986 en Cabanas, unha pequena vila coruña.
Apaixóname todo o que ten que ver coas novas tecnoloxías, os trebellos, a comunicación, a ciencia, o montunismo... entre outras moitas cousas. Se puidera sería todo un early adopter para poder cacharrear en todo novo trebello segundo sae ao mercado e malia que o tema está algo complicado, vaise facendo o que se pode. Comecei xa hai uns anos nisto de Android cun Google Nexus One, o meu primeiro smartphone, que me convertiu en todo un Android fanboy. Hoxe en día mudo de terminal con bastante frecuencia, aínda que o meu móbil particular é un Sony Xperia T. Ademais tamén teño unha Samsung Galaxy Tab 10.1 Wifi+3G.

Luís P. Castelo
Redactor
Blogue: Deleznabilidades.
Twitter: @deleznable.
Bio: Nacín en Culleredo en decembro de 1987, coincidindo coa evacuación masiva do Casón, a Primeira Intifada e o centenario da invención do esperanto. Estudei a Licenciatura en Filoloxía Inglesa e o Mestrado en Formación de Profesorado de Secundaria na Universidade da Coruña. Na actualidade estou traballando na miña tese de doutoramento en Filoloxía Inglesa, que comecei en outubro de 2010.
Os meus ámbitos de estudo preferentes son a lingüística en xeral, especialmente a sintaxe; a historia da lingua inglesa e a evolución das linguas en xeral; e a lingüística de corpus. Apaixóame o ámbito das novas tecnoloxías aplicadas á linguaxe, e son un firme defensor da interdisciplinariedade e da necesidade da divulgación científica en todos os ámbitos. Móvome cun Google Nexus S e recentemente adquirín unha Samsung Galaxy Tab 2 10.1 WiFi+3G

Blogue: Vitor de Palas.
Twitter: @vitorpalas.
Bio: Nacín no 86 en Palas de Rei, son Arquitecto Técnico e Técnico superior en desenvolvemento e aplicación de proxectos de construción -delineante-. Non vou a ningún sitio sen o meu Samsung Galaxy SII, nin o meu iPod Shuffle 2G; tamén conto cun portátil e un sobremesa con Ubuntu instalado, evitando na medida do posible o uso de W*****s.
Interésame case calquera tema científico-tecnolóxico, e no que se podería considerar "o meu ámbito" son un apaixonado da xeometría e das estruturas que disfruta criticando os detalles construtivos empregados no MundoReal™. E ben, a partir de aquí leo, vou ao cine, xogo a baloncesto, ando na bici, corro, fago montunismo, etc.
Isaac Manteiga
Redactor
Bio: Nacín no ano 1988 na Baña, concello da provincia da Coruña. Son Técnico superior en instalacións electrotécnicas e actualmente un proxecto de Enxeñeiro técnico industrial da rama eléctrica.
Sinto curiosidade por todo o que ven da man da ciencia e a tecnoloxía. Como trebellos tecnolóxicos conto cun HTC Desire, co que tomei contacto co apaixonante mundo de Android, ademais dun portátil e un sobremesa. Para rematar, ocupo o meu tempo libre entre o cine, a música e facer deporte entre outras cousas.
Agos Reigosa
Redactor
Twitter: @Agos14
Bio: Nacín en Lugo en outubro de 1990, na actualidade estudo ADE na USC tras un paso fallido pola facultade de física. Son un apaixonado da tecnoloxía, a ciencia e o deporte, aprender sobre calquera destes aspectos é un dos motivantes que me leva a enredar en todo canto se me presenta.
Tras a adquisición do meu primeiro computador aprendín que Windows non era o único e adiqueime a coñecer cantos sistemas operativos e aparellos tivera ao alcance. Na actualidade compaxino este pasatempo co baloncesto, ao que me adico de maneira semi-profesional. Entre os meus gadgets favoritos encóntase un Samsung Galaxy S, un iPad ou unha GameBoy Pocket que segue traballando como o primeiro día.
Álex Alfaya
Redactor
Twitter: @alex_nap
Bio: Nado en Baiona nun día calquera de 1983, actualmente estudo Enxeñaría Industrial na Universidade de Vigo. Encántame todo o relacionado coa ciencia e a tecnoloxía e, se teño a oportunidade, non perdo a ocasión de cacharrear en calquer aparato que caia nas miñas mans.
Os meus gadgets habituais son un portátil con Windows e Ubuntu a partes iguais e un Nexus 4, aínda que comecei no mundo Android cun HTC Legend, que serviu, por outra banda, para aumentar a miña Googledependencia. En contadas ocasións intento cacharrear algo coa plataforma de hardware libre arduino.
Fernando Real
Redactor
Twitter: @susurrame_oido
Fernando Real
Redactor
Twitter: @susurrame_oido
Bio: Estudante de Enxeñaría de Telecomunicación nado en maio do 87 nunha pequena vila preto de Lugo.
Interésame a actualidade tecnolóxica e non perdo a oportunidade de "cacharrear" e investigar con todo aparello electrónico que teño ao meu alcance, ás veces escarallando todo (as menos! xD)
Apaixonado da seguridade informática e das radiocomunicacións gusto de calquera plataforma Linux, especialmente Ubuntu, aínda que tamén emprego Windows. Usuario entusiasta dun Samsung Galaxy S e dunha BlackBerry Curve 8900 'Javelin'. Baloncesto, xadrez, boxeo, viaxar e a música son algúns dos meus pasatempos.
Colaboraron puntualmenteInterésame a actualidade tecnolóxica e non perdo a oportunidade de "cacharrear" e investigar con todo aparello electrónico que teño ao meu alcance, ás veces escarallando todo (as menos! xD)
Apaixonado da seguridade informática e das radiocomunicacións gusto de calquera plataforma Linux, especialmente Ubuntu, aínda que tamén emprego Windows. Usuario entusiasta dun Samsung Galaxy S e dunha BlackBerry Curve 8900 'Javelin'. Baloncesto, xadrez, boxeo, viaxar e a música son algúns dos meus pasatempos.
Xabier Crespo
Alberto Ruibal
Ismael Reyes
ÁlvaroMouteira
Sebastián Barbeito
Se ti tamén queres colaborar, contacta conosco aquí.