Ás veces descubrímonos inundando as nosas publicacións de terminoloxía técnica que non ten por que ser coñecida por todo o mundo. Por iso, neste AndroDic propoñémonos ir engadindo todos os que consideremos que sexan necesarios para a correcta comprensión do que publiquemos.
Se chegaches aquí buscando algo e non o atopaches, non dubides en poñerte en contacto connosco para que miremos de engadilo.
ACELERÓMETRO: é un sensor que se inclúe na meirande parte dos dispositivos Android. Mide a aceleración e as forzas da gravidade, para detectar o movemento e o xiro. Con iso mellórase o posicionamento e facilítanse as labores nos xogos, entre outras cousas.
ANDROID: é un sistema operativo para móbiles, baseado en GNU/Linux. Comezouse a desenvolver pola compañía Android Inc, adquirida en 2005 por Google. É o principal produto da Open Handset Alliance, ente que aglutina fabricantes e desenvolvedores de hardware e software.
ANDROID MARKET: véxase Play Store.
APK: é a extensión das aplicacións para Android
APLICACIÓNS: programas que instalamos aos nosos dispositivos e que facilitan as actividades que facemos cos nosos smartphones ou tablets.
BARÓMETRO: algúns terminais de gama alta comezaron a introducir un barómetro, é dicir, un sensor da presión atmosférica. Emprégase para mellorar a velocidade de posionamento.
BOOTLOADER: programa que prepara os arquivos precisos para arrancar o sistema operativo
COCIÑEIRA/O: Persoa que desenvolve ROM's
CUPCAKE: Versión 1.5 de Android
DESENVOLVEDOR/A: é o nome co que se coñece ao programador/a de aplicacións (no noso caso, para Android)
DONUT: Versión 1.6 de Android
ECLAIR: Versión 2.0 ou 2.1 de Android
FROYO: Versión 2.2 de Android
GINGERBREAD: Versión 2.3 de Android
GPS: sensor de posicionamento do sistema Global Position System. Inclúeno todos os terminais (smartphones) Androide e a meirande parte das tablets.
HONEYCOMB: Versión 3.0, 3.1 ou 3.2 de Android. Foi a primeira desenvolta para adaptarse a pantallas dun tamaño maior (léase, tablets).
ICE CREAM SANDWICH: Versión 4.0 de Android. Supuxo a converxencia das versións de Android para smartphones e para tablets.
JELLY BEAN: Versión 4.1 ou 4.2 de Android
KIES: Software de escritorio (para o ordenador) que emprega a empresa Samsung para xestionar as actualizacións de varios dos seus terminais.
LAUNCHER: Programa (aplicación) para a xestión de escritorios, widgets e aplicacións.
OTA: é o principal método de actualizacións que emprega Android. As súas siglas equivalen a Over The Air, o que significa que a actualización chega a través das redes inarámicas (libérase a actualización, os terminais recíbena e o usuario intercede para descargala e confirmar a instalación).
PLAY STORE: é atenda de aplicacións, xogos, música, películas e libros oficial de Google / Android. Desde ela podemos instalar unha chea de cousas no noso dispositivo. Tamén dispón dunha versión web, que podemos consultar en http://play.google.com

RADIO: arquivo que xestiona as comunicacións do terminal, como puntos de acceso WiFi, Bluetooth, GPS ou datos móbiles.
RAM: son as siglas de Random Access Memory, ou Memoria de Acceso Aleatorio. É a que emprega o procesador para almacenar datos temporais que precisa no momento da execución.

ROM: é o sistema operativo dun determinado terminal. Existen usuarios (cociñeiros), que modifican as ROMs orixinais, dotándoas doutras capacidades visuais, servizos engadidos ou melloras de rendemento.
ROOT: é o termo que define aos usuarios que posúen todos os dereitos, o administrador. Este tipo de usuario pode facer moitas cousas que non están permitidas a o usuario base, como utilizar aplicacións que modifican arquivos do sistema operativo.
SDK: é o kit que contén o software de desenvolvemento, o sistema operativo, para poder virtualizar un terminal Android e desenvolver aplicacións.
SUPERUSUARIO: véxase ROOT .
WIDGET: aplicación que permite visualizar datos dun xeito máis visual no escritorio dos nosos androides.
WIPE: ou "varrido". É a acción de borrar todos os datos do teléfono e deixalo limpo como o primeiro día. Non borra tarxetas externas, como microSD