viernes, 24 de febrero de 2012

ReallyLateBooking: busca aloxamento para xa e benefíciate de importantes descontos


Imaxinade situacións coma estas...
  • Perdedes un avión e tedes que facer noite nunha cidade lonxe da casa e precisades aloxamento.
  • Estás pasándoo ben nunha excursión dun día e dis... por que non me quedo un día máis?
  • ...
E así con moitas outras. Ter unha aplicación que nos axuda a buscar aloxamento nunha emerxencia é unha gran idea. Pero se ademais nos ofrece descontos importantes aínda mellor, non si?

Iso é o que fai ReallyLateBooking, unha aplicación coa que poderemos reservar unha habitación para esta mesma noite e con descontos que poden chegar até o 70% para reservas a través da aplicación fronte a facelo directamente co hotel.

Xa hai varias cidades incluídas na aplicación, como Madrid e Barcelona, pero tamén galegas, como Santiago.

Se vos interesa, é unha aplicación gratuíta e está dispoñíbel no Android Market para todos os dispositivos con versións 2.1 e superior.

0 comentarios:

Publicar un comentario en la entrada