viernes, 18 de mayo de 2012

Plebbe, moito máis ca un reloxo de pulso


Como xa temos comentado moitas veces no blogue, un dos aspectos que fai especial a Android é que non se limita a ser un sistema operativo para smartphones, tablets ou aparellos de televisión, senón que é aplicábel a moitísimas cousas, como electrodomésticos ou algo de maior uso diario: reloxos de pulso.

Neste sentido hoxe queremos falarvos de Plebbe, un dispositivo que xurde de maneira especial, a través da iniciativa de máis de 70.000 persoas que apoiaron economicamente o proxecto para que fose adiante.

Está pensado para funcionar vencellado a un smartphone a través da conexión Bluetooth e é compatíbel con Android e iOS. Grazas a esta conexión a través de Plebbe poderemos estar informados de correos, mensaxes ou actualizacións de redes sociais (Twitter, Facebook...) que nos cheguen.


Pero ademais pode ser o complemento perfecto para facer deporte ou controlar a música que escoitamos no noso móbil, xa que ao estar vencellado pode procesar a información do GPS para informarnos do tempo e distancia percorrido ou para controlar a reprodución de música.

O seu SDK vai ser liberado en breve, permitindo á comunidade desarrolladora facer aplcacións específicas para Plebbe. Actualmente xa funciona Twine, que permite programar accións, por exemplo, que cando toquen ao timbre da casa nos avise no Plebbe. Soa ben, non?

En canto ás súas especificacións técnicas, dispón dunha pantalla de 144 x 168 píxeles, Bluetooth 2.1 + EDR, acelerómetro, vibrador e 4 botóns para o seu manexo.

No que ten a ver coa súa dispoñibilidade, xa está á venda, aínda que agotado. Malia todo o seu prezo está arredor do 150 $.

jueves, 17 de mayo de 2012

Hoxe, coma sempre, Queremos Galego #17Mqueremosgalego


Hoxe, coma sempre, en Mallando no Android Queremos Galego.

miércoles, 16 de mayo de 2012

0 72,3% dos móbiles vendidos en España son Android

Non dubidabamos que Android está a ser toda unha revolución na telefonía, pero de seguro que a máis de un lle sorprenden estas cifras da consultora Kantar Wordpanel ComTech. E é que se hai un ano o 32,8 dos smartphones vendidos en España eran Android, agora esta cifra é do 72,3 %.

A caída máis notábel é para Symbian, o sistema operativo de Nokia, que pasa dun 45% a un 8,8, así como tamén a de iOS (Apple) que baixa do 9,5% ao 4,6%.

Na seguinte imaxe podedes ver todas as cifras

Desire C, o novo terminal de iniciación de HTC


HTC vén de dar a coñecer un novo terminal de gama baixa, pensado para ese público que pretende introducirse no mundo dos smartphones cun dispositivo sinxelo. Trátase do Desire C.

Conta cunha pantalla de 3,5 polgadas e un procesador de 600 MHz. A súa memoria chega até os 4 GB, ampliábeis noutros 32 GB mediante microSD e 25 GB gratuítos de Dropbox durante 2 anos.

A cámara é de 5 megapíxeles con flash LED e como sistema operativo ten Ice Cream Sandwich (Android 4.0).

Estará dispoñíbel en 3 cores, vermelo, branco e negro e chegará ao mercado nos próximos meses cun prezo que podería rondar os 200 €.

martes, 15 de mayo de 2012

Samsung deixa ver os accesorios orixinais para o Galaxy S III

É o terminal do momento, por iso calquera nova relacionada co Galaxy S III é recollida con grande interese. Samsung, consciente de que ir soltando a información con contagotas axuda a crear un interese maior polo seu terminal, vén de facer públicos algúns dos seus accesorios:

C Pen

Como podedes ver na imaxe trátase dun punteiro capacitivo, que o que ten de especial é o seu deseño. Dicir que, como tal, é válido para empregar noutas pantallas capacitivas, obviamente non se limita ao terminal de Samsung.

Hub

O Hub conéctase á televisión a través dun cable HDMI e ao teléfono por WiFi. Grazas a el poderase compartir o que teñamos no teléfono (imaxes, filmes ou o que teñamos na pantalla) na televisión da casa.

Funda


En Mallando no Android consideramos case un delito que os terminais veñan sen funda, por moi básica que sexa. No seu momento, dispositivos como a HTC Magic ou o Nexus One traían unha funda con eles, pero a moda durou moi pouco e agora é unha cuestión xeral que veñan sen ela.

Esta funda que ofrece Samsung é especial, porque a parte traseira acóplase no terminal, facendo de tapa traseira, polo que a integración é total.

Dock

Finalmente, un dock de escritorio sinxelo completa a gama de accesorios. Dispón dun compartimento pechado para a batería, quizais a súa faceta máis salientábel.

Polo de agora non sabemos nada do ansiado cargador inarámico, que sen dúbida é un dos máis agaradados, aínda que segundo algunhas fontes podería non chegar até o mes de setembro. Pagará a pena a espera?

lunes, 14 de mayo de 2012

Dispoñíbel para descargar o fondo de pantalla do Galaxy S III


Despois da filtración de Flipboard, a aplicación que ía ser exclusiva para o Samsung Galaxy S III durante unha tempada, chéganos o arquivo do fondo de pantalla principal. Na seguinte ligazón podedes facervos con el en HD.

Ligazón á imaxe

viernes, 11 de mayo de 2012

Android Assistant, unha aplicación 18 en 1


Hai aplicacións que merecen unha mención especial por todas as opcións que permiten levar a cabo, sen precisar ter instaladas numerosas ferramentas por separado. Unha delas é Android Assistant, unha completa suite que nos permite ter controlados moitos aspectos fundamentais dos nosos smartphones.

A aplicación estrutúrase en 3 pestanas:
  • Monitor: é onde se amosan unha serie de gráficos na que podemos achar información sobre a porcentaxe de memoria empregada, a CPU ou a batería.
  • Procesos: trátase dun xestor de procesos que informa das aplicacións que están a funcionar, permitindo matar as que queiramos pechar.
  • Ferramentas: é a que engloba máis funcionalidades, como control do volume, axuste do timbre, limpeza do sistema e da memoria caché, control de enerxía, movemento de aplicacións á SD, xestor de inicio, desinstalador de aplicacións...
Vamos, que se trata dunha ferramenta moi completa e que resulta interesante para ter instalada nos nosos Androides. O mellor de todo é que é gratuíta e compatíbel con todas as versións desde a 2.0. Podedes descargala na Play Store.

jueves, 10 de mayo de 2012

As Galaxy Note libres comezan a actualizarse a Ice Cream Sandwich


En xeral a actualización a Ice Cream Sandwich por parte dos fabricantes dos dispositivos compatíbeis con esta versión está a ser lenta. Neste sentido Samsung é dos fabricantes que máis están tardando en  liberar as ansiadas actualizacións á versión do xeado.

Hoxe podemos dar a boa nova de un dos seus dispositivos, a Galaxy Note, o famoso "tabletphone", está comezando a recibir as actualizacións. Polo de agora só está chegando aos dispositivos que se comercializan libres (os non-libres asociados a algunha gran operadora actualizaranse algo máis tarde), comezando por Alemania, pero extendéndose rapidamente ao resto de rexións.

Entre as novidades que incorpora ICS para a Galaxy Note está toda unha gama de aplicacións pensadas para sacarlle aínda máis partido ao stylus que caracteriza a este dispositivo e que Samsung recolle na chamada Premium Suite.

A actualización realízase mediante OTA.